miércoles, 20 de diciembre de 2017

BO NADAL!!!!!


Os Mouchos e as Coruxas de 3º D do Vales Villamarín queren felicitar a toda a comunidade educativa do colexio, e moi especialmente ás súas familias con esta panxoliña. Esperamos que vos guste!!!!!


domingo, 17 de diciembre de 2017

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca nos envían este folleto con lecturas recomendadas para este Nadal. Estaría moi ben se na vosa carta a Papá Noel ou aos Reises Magos incluídes un dos libros que aquí aparecen. De seguro que vos encanta!!!!

martes, 5 de diciembre de 2017

NATURAIS: OS SENTIDOS

Oler unha flor, rechupetear un caramelo, acariñar un can, ver un debuxo, escoitar a nosa canción favorita... Todas estas cousas podémolas facer grazas aos sentidos. Eles son os que nos relacionan co exterior. Grazas a eles percibimos e desfrutamos do mundo que nos rodea. Utilízaos ben e desfrútaos!

MULTIPLICACIÓN RÁPIDA PARA EXPERTOS

Agora que xa sabedes ben as táboas, podedes practicar a rapidez con este divertidísimo exercicio. Propóñovos un reto: practicar e practicar ata chegar aos 200 puntos. Quen será quen de facelo?

                                  Resultado de imagen de multiplicación